Saturday 11 de May de 2024

O Concello de Paderne organiza unha excur-sión a León e Astorga


Levarase a cabo o sábado, 30 de setembro, con saída ás 7:30 horas desde o Concello

 Os interesados xa poden inscribirse chamando ao Concello antes do día 27

O Concello de Paderne organiza unha excursión á comunidade de Castela e León, pasando pola cidade de León e por Astorga para visitar os seus principais atracti-vos. A viaxe realizarase o sábado, 30 de setembro, saíndo do Concello ás 7:30 horas da mañá.

Para os interesados, as inscricións xa están abertas ata o mércores día 27. Faranse telefónicamente, chamando ao Concello no número 981 79 70 01, e ten un custo de 35 euros por persoa empadroada.